Hai xusto un ano se convertía nunha das primeiras pacientes en ingresar en Povisa pola COVID. Erea Ledo tiña 25 anos, practicaba deporte e, pese a ter asma, non se consideraba persoa de risco. «Pensábamos que era coma unha gripe», subliña ante as cámaras dos informativos de TVG.
Erea estivo unha semana hospitalizada. Recibiu un tratamento experimental que lle provocou efectos secundarios e logo estivo un mes illada nun cuarto da súa casa. Un ano despois, aínda arrastra secuelas da enfermidade.
Facer bolboretas de papel foi unha das suas terapias durante o illamento, e agora son case un símbolo dunha etapa que marcou un antes e un despois na súa vida.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-4865275?t=929