Xeonllo

A rehabilitación do xeonllo tres tipos de exercicios que tratamos de representar nos seguintes vídeos: para gañar mobilidade, para recuperar a forza e exercicios propioceptivos. Non presentamos vídeos específicos por patoloxía ou lesión, senón que presentamos uns exercicios de uso común en todo tipo de patoloxía e vostede deberá atender ás recomendacións do seu médico ou fisioterapeuta para decidir o máis axeitado a súa capacidade ou a súa lesión.

1. Mobilidade

Nos exercicios de mobilidade definimos 2 niveles: o primeiro nivel está pensado para pacientes intervidos cirurxicamente o que sufriron unha fractura e lles piden que comecen a se exercitar. O nivel II é unha evolución e debe comezar a realizarse cando os exercicios de nivel I se realicen sen incidencias. Sempre é recomendable ver o vídeo de nivel I inda que teña capacidade para comezar directamente cos exercicios de nivel II.

Exercicios de mobilidade de xeonllo nivel I

Exercicios de mobilidade de xeonllo nivel II 

2. Forza

Nos exercicios de forza tamén hai un nivel I, cos mesmos propósitos que nos exercicios de mobilidade, e un nivel II, de progresión, que presentamos con dúas alternativas: opción A e opción B. Non é necesario facer as dúas opcións. Trátase de escoller unha. Sempre é recomendable ver o vídeo de nivel I inda que teña capacidade para comezar directamente cos exercicios de nivel II.

Exercicios de forza de xeonllo nivel I

Exercicios de forza de xeonllo nivel II-OPCIÓN A

Exercicios de forza de xeonllo nivel II-OPCIÓN B

3. Propioceptivos

Os exercicios propioceptivos débense realizar cando os pacientes realicen un nivel II de mobilidade ou forza, sen incidencias. Sempre é recomendable ver o vídeo de nivel I inda que teña capacidade para comezar directamente cos exercicios de nivel II.

Exercicios propioceptivos de xeonllo Nivel I

Exercicios propioceptivos de xeonllo Nivel II