O Hospital dispón de medidas específicas que garanten a continuidade da actividade do Centro con seguridade ante a pandemia, de xeito que dispoñemos de circuítos de atención diferenciados para pacientes con sospeita e outras causas.
No servizo de urxencias e áreas de atención ambulatoria, se limitouse o acompañamento do paciente, en situacións especiais como alta vulnerabilidade (demencia, condición AA, diversidade funcional, menores) ou limitación da capacidade de comunicación do paciente.
En hospitalización as visitas limitáronse a 1 acompañante por paciente, coas condicións de seguridade anteriormente descritas. Rogámoslle eviten os intercambios, procurando que acuda sempre a mesma persoa.
Os pacientes hospitalizados en área de risco por COVID-19 teñen as visitas restrinxidas, e en caso necesario, baixo o seu consentimento, designarase a un familiar para ser informado diariamente e ante calquera cambio da súa situación clínica.
Dende o momento do seu ingreso está exposto a riscos vencellados á asistencia sanitaria, por iso para garantir a súa seguridade, tanto vostede coma o seu acompañante, deberán seguir as seguintes instrucións recollidas pola Lei:
-Manteñan posta a máscara cirúrxica en todas as estancias. Non utilicen as non recomendadas (de tela ou con filtro). Ventile a súa habitación con frecuencia, salvo que estea contraindicado.
-Deben gardar distancia de polo menos 1,5 metros con outros pacientes e acompañantes.
-Lávense as mans con frecuencia e utilicen os dispensadores de solución hidroalcohólica existentes.
Visitas
1) Restrínxense as visitas baixo excepcións de alta complexidade (coma por exemplo acompañantes en estado de maior vulnerabilidade que a do propio paciente); onde o supervisor de enfermería o médico de garda responsable do paciente deberá valorar a conveniencia.
2) O acompañamento permanente só se permitirá nos seguintes casos:
-Menores (-18 anos)
-Procedementos que requiran acompañamento para a súa realización (sedación, dilatación meniñas, etc)
-Pacientes vulnerables.
-Portadores de tarxeta AA
-Diversidade funcional
-Anciáns fráxiles.
-Embarazo e/ou parto
-Situación de final de vida
-Situacións excepcionais de alta complexidade.
3) Condicións do acompañamento:
-Uso de equipo de protección persoal (máscara cirúrxica e/ou FPP2). En caso de levar máscara de tela se lle proporcionará o cambio á entrada.
-Só un acompañante por paciente baixo as circunstancias anteriormente descritas.
-O acompañante non debe presentar sintomatoloxía.
-Se o acompañamento correspóndese á hospitalización, o acompañante terá limitadas as saídas do espazo que comparte co paciente tendo que permanecer na habitación e evitando as zonas comúns.