Unidade de implantes auditivos

Os implantes auditivos son solucións tecnolóxicas en casos de perda auditiva nas que o uso dos audiófonos convencionais non sexa posible.

Hai catro tipos

Implantes activos de oído medio (IAOM)

Son dispositivos auditivos electrónicos implantados cirurxicamente que transforman as ondas sonoras en estímulos vibrátiles mecánicos que se aplican directamente sobre estruturas do oído medio o do interno (cadea osicular, membrana timpánica, platina o membrana da ventá redonda). O obxectivo dos IAOM é incrementar a intensidade da onda acústica que se xera de forma natural no oído medio, incrementando así a vibración sonora que penetra na cóclea. Indicacións: perda auditiva neurosensorial, perda auditiva condutiva e perda auditiva mixta.
Tipos: Vibrant SoundBridge.

Implantes de condución por vía ósea:

O mecanismo de actuación dos implantes de condución por vía ósea baséase na transformación das ondas sonoras en vibracións mecánicas que se transmitirán, utilizando a vía ósea do paciente, ata a cóclea á que estimularán axitadamente. Por tanto, a súa indicación relacionarase con situacións nas que a vía natural de transmisión, a vía aérea, estea alterada coma, por exemplo, patoloxía do oído externo e medio.
Indicacións: hipoacusia mixta o condutiva.
Tipos: BaHA, Ponto, BonneBridge.

Implantes cocleares

O implante coclear é un dispositivo que restaura parcialmente a audición en persoas con perda auditiva severa a profunda estimulando electricamente as fibras nerviosas residuais da cóclea. É necesario cando o órgano de Corti (caracol) non se desenvolveu ou sufriu unha enfermidade ou lesión en tal grado que xa non é posible obter unha audición satisfactoria con audiófonos.
Indicacións: hipoacusia neurosensorial de severa a profunda.

Estimulación electroacústica

Indicacións: perda auditiva de alta frecuencia (xordeira parcial).

No Hospital Ribera Povisa temos dispoñibles todos estes tipos de implantes para a vosa disposición. Si

Citas: 986 120 000
Localización: 2ª planta, Hospital Ribera Povisa

Doctor Antonio Gonzalez Prado

Doctor Antonio Gonzalez Prado

Otorrinolaringólogo

Responsable en unidade de implantes auditivos

Doctor Roberto Valdés Pons

Doctor Roberto Valdés Pons

Jefe de servicio

Responsable en unidade de implantes auditivos