Alivia a túa dor, estás nas mellores mans.
A Unidade de Tratamento da Dor do Hospital Ribera Povisa ofrece asistencia multidisciplinar capaz de que garantir condicións de seguridade, calidade e eficiencia axeitadas para atender ó paciente coa dor crónica que requira asistencia especializada. Equipo multidisciplinar integrado por médicos especialistas, persoal de enfermería e enfermería cirúrxica especializada para as técnicas intervencionistas.
Por que elixir a Unidade da dor en Ribera Povisa?
– Tratamento individualizado da dor, sen esperas.
– Ampla experiencia. Máis de 20 anos avalan o noso traballo.
– Profesionais de prestixio e técnicas avanzadas ó servizo do tratamento da dor.
– No teu hospital de sempre. Contamos co respaldo do hospital privado máis grande de España e, grazas a isto, somos quen de ofrecer servizos complementarios para o coidado dos nosos pacientes.
– Ampla carteira de servizos con máis de 50 tratamentos dispoñibles.
– Equipamento e tecnoloxía de vangarda. Excelencia asistencial ó teu alcance.
Pide unha primeira consulta de valoración
Citas: 986 120 000
Localización: 2ª planta, Hospital Ribera Povisa
Tratamentos innovadores, reduce a túa dor.
Lembra, os nosos especialistas ofreceranche o tratamento que mellor se adapte ás túas circunstancias para aliviar a túa dor ou incluso conseguir a súa completa desaparición. Estás en boas mans.
Medicación: utilización de fármacos receitados para uso domiciliario do paciente en función das necesidades e situación. En moitos casos, estes fármacos son esenciais para poder realizar de xeito efectivo unha técnica intervencionista.
Intervencionismo: as técnicas intervencionistas inclúen aqueles procesos que implican un acceso invasivo para tratar a dor. As infiltracións consisten en administrar un anestésico local e un corticoide nun lugar especifico que pode ser o causante do síndrome doloroso. A radiofrecuencia pódese dividir en dous tipos: a térmica e a pulsada. A radiofrecuencia térmica consiste na aplicación dunha corrente a través de un xerador co obxectivo de acadar unha temperatura mínima de 80º, arredor da punta da agulla, creando unha lesión no tecido circundante co obxectivo de reducir a dor. Antes de realizar este proceso será necesario realizar, polo menos, unha infiltración previa na zona a tratar co obxectivo de asegurar a eficacia desta técnica. A radiofrecuencia pulsada consiste na aplicación dunha corrente alterna, creando un campo eléctrico arredor da punta da agulla, sen acadar en ningún caso unha temperatura superior a 42ºC, polo que non existirá unha lesión física dos tecidos e poderase realizar sen necesidade dunha infiltración previa.
Cara:
- Radiofrecuencia do Ganglio Gasser.
- Tratamento xaqueca e cefalea crónica.
Cervical:
- Radiofrecuencia de Ganglio Estrelado.
- Radiofrecuencia de ramo medio facetario cervical.
- Abordaxe intracanle de raíces cervicais.
Torácico:
- Infiltración do ramo medio facetario torácico.
- Infiltración plano muscular torácico.
Rexión Lumbosacra:
- Bloqueo epidural lumbar.
- Radiofrecuencia ramo medio lumbar.
- Radiofrecuencia ganglio dorsal da raíz. Epidurolise e epiduroscopia.
- Tratamento de hernia de disco minimamente invasivo.
Pelviana:
- Radiofrecuencia ganglio impar,
- Radiofrecuencia nervio pudendo.
- RDF articulación sacroliliaca.
- Neuroestimulación central e periférica.
Outros tratamentos
- Iontoforese.
- Electroestimulación nerviosa transcutánea (TENS)
- Coidados cirúrxicos
- Programación de neuroestimulador implantado simple
- Programación de neuroestimulador implantado de dobre canle
- Técnica de infusión espinal: recheo e programación de bomba por telemetría
- Técnica de infusión espinal: recheo de bomba de fluxo fixo
- Técnica de infusión espinal: recheo e programación de bomba electrónica de infusión ambulatoria externa
- Técnica de infusión sistémica: inclúe a infusión subcutánea (coas técnicas de recheo e programación de bomba electrónica de infusión ambulatoria externa ou de dispositivo mecánico de infusión de fluxo fixo)
- Infiltración tendinosa superficial con anestésicos locais e/ou corticoides.
- Infiltración de bursa con anestésicos locais e/ou corticoides
- Infiltración periférica de puntos gatillo con anestesia local
- Infiltración periférica de puntos gatillo con toxina botulínica
- Infiltración muscular superficial con toxina botulínica
- Infiltración articular con anestésicos locais e/ou corticoides
- Infiltración articular con ácido hialurónico
- Bloqueo de nervios periféricos dose única: diagnóstico ou terapéutico
- Bloqueo de nervios periféricos con corticoides
- Bloqueo nervioso periférico múltiple
- Bloqueo nervioso de plexos
- Bloqueo nervioso troncular
- Bloqueo de nervios craniais superficiais
- Bloqueo nervioso continuo: colocación de sistema de infusión continua
- Bloqueo espinal diferencial
- Bloqueo espinal utilizando dose única de anestésicos locais
- Administración espinal dose única de corticoides
- Bloqueo de ganglio esfenopalatino
- Bloqueo simpático cérvico-torácico diagnóstico ou terapéutico (ganglio estrelado)
- Bloqueo neurolísis paravertebral simpático