Tecnoloxía

O Hospital Ribera Povisa pon a disposición dos seus pacientes a tecnoloxía máis innovadora, para dar unha resposta rápida e efectiva ás súas necesidades. Temos tecnoloxía de última xeración para un diagnóstico exacto e certo, e aplicamos solucións e modelos preditivos que nos permiten personalizar a atención, o circuíto de coidados e o tratamento para cada cidadán.

Ademais, a través do grupo sanitario Ribera, do que formamos parte dende 2019, o noso hospital ten acceso a novas aplicacións móbiles que permiten, por exemplo, facilitar terapia psicolóxica online, telemonitorizar a pacientes con enfermidades crónicas e acceder a un programa personalizado para o benestar ou para a rehabilitación en remoto de varios tipos de lesións , entre outros.

A tecnoloxía permite nos situar coma referente no diagnóstico pero tamén achegar a atención sanitaria aló onde o paciente nos necesite, e axudarnos a seguir a mellorar o noso modelo de saúde responsable.