Respiración

Nesta sección lles propoñemos unha serie de exercicios específicos para mellorar a súa función pulmonar. Non pretenden substituír o tratamento médico senón que son terapias complementarias para mellorar a ventilación, drenar secrecións bronquiais, mellorar a tolerancia ó esforzo e mellorar a súa calidade de vida. Ademais dos exercicios respiratorios é importante realizar actividades aeróbicas coma camiñar, andar en bicicleta ou subir escaleiras, en función da súa capacidade física e seguindo as recomendacións dos profesionais. Presentamos 3 grupos de exercicios:

Exercicios de respiración diafragmática

A respiración diafragmática o abdominal axúdalle a respirar usando o seu diafragma. Este é un músculo grande que está situado debaixo dos seus pulmóns e separa o seu peito do seu abdome e se funciona correctamente facilitará a respiración. É habitual observar como en pacientes con patoloxía pulmonar crónica tenden a utilizar os chamados músculos respiratorios accesorios (músculos do peito, dos ombros e do pescozo) en vez do seu diafragma. A utilización destes músculos require maior esforzo e aumenta a sensación de fatiga e falta de alento. Se usa ben o seu diafragma, resultaralle máis fácil respirar.

Segundo o nivel de dispnea (sensación de falta de aire), poderá realizalos en 3 posicións:

1.- Deitado boca arriba

2.- Deitado de lado

3.- Sentado

Exercicios para abrir zonas pulmonares cerradas (atelectasias)

As atelectasias prodúcense cando unha parte do pulmón colapsa e polo tanto, non entra aire. Pode ocorrer por moitos motivos. A presenza de dor tras traumatismos ou cirurxías de tórax ou abdome, adoitan ir acompañados de atelectasias; a presenza de flegmas ou os bronquios ou bronquiolos,… Estes exercicios tratarán de que a parte do pulmón colapsado volva a se expandir.

Exercicios para abrir zonas pulmonares pechadas

Exercicios para drenar secrecións  Son exercicios orientados a aqueles pacientes que presentan dificultades para expectorar as secrecións que acumulan nas vías respiratorias. Presentamos un exercicio respiratorio en dúas posicións e un terceiro exercicio con tose:   

1.- Deitado de lado

2.- Sentado

3.- Tose e expiración forzada