A Comisión de Docencia do Hospital Ribera Povisa, en funcionamento dende 1991 e presidida por o Dr. Javier de la Fuente, coordina todo o relacionado cos Médicos Internos Residentes e os estudantes de Medicina, ademais da actividade docente do Hospital (sesións clínicas, cursos de Atención Primaria e de residentes, …)
No Hospital Ribera Povisa recibimos tódolos anos MIRes de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Cirurxía Xeral, Anestesioloxía e Reanimación, Radiodiagnóstico e Medicina Interna. Ademais, colaboramos na formación de residentes de Medicina Familiar e Comunitaria pertencentes á Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Vigo.
Dende a Comisión de Docencia organízanse tamén as prácticas dos estudantes de 6º curso de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela que veñen ó servizo de Medicina Interna e outras subespecialidades. Outros estudantes procedentes de universidades españolas e estranxeiras elixen tamén o noso hospital para realizar prácticas.”
Especialidade | Número prazas acreditadas |
---|---|
Anestesioloxía e Reanimación | 2 |
Cirurxía Xeral e do aparato Dixestivo | 1 |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía | 2 |
Medicina Interna | 2 |
Radiodiagnóstico | 2 |
Medicina familiar e Comunitaria | 7 |
16 |
Localización:
- Secretaría Comisión de Docencia: Planta S-2 Biblioteca. Teléfono: 986 413144 Ext. 1545
Contacto:
- Presidente- Xefe de Estudos: Dr. Javier de la Fuente Aguado
- Secretaria: Dna. Rosa Ana Alonso Comesaña (secretaria.comision.docencia@povisa.es)