Políticas

POLITICA AMBIENTAL

Propósito  

O compromiso co medio ambiente cada vez é máis valorado pola comunidade e é unha peza chave da responsabilidade social corporativa dunha organización. Por iso, contribuír a que o medio ambiente se manteña nunhas óptimas condicións e non danalo é un compromiso de Ribera. A boa saúde da poboación está vencellada á contorna que nos rodea, para unha organización sanitaria debe ser primordial coidala.

Definición da política

Ribera, organización socialmente responsable asume que un desenvolvemento sostible vai ligado á protección do medio ambiente e á prevención da contaminación, por iso comprométese a incluír unha política ambiental en tódalas súas actividades, consciente de que a mellora da contorna vai en beneficio tamén na saúde da poboación.

É por isto que se compromete a seguir as seguintes directrices:

  • Cumprir con tódolos requisitos ambientais e enerxéticos legais aplicables e outros que estableza a organización.
  • Concienciar e animar a traballadores e usuarios na posta en marcha e mantemento de iniciativas e boas prácticas ambientais.
  • Incluír paulatinamente os requisitos ambientais nas decisións de compra e adquisición de produtos e equipos. 
  • Promover o compromiso de todos coa mellora continua no desempeño ambiental.
  • Traballar na redución dos impactos ambientais relacionados coa actividade.

V7. Maio 2021.

POLITICA DE CALIDADE

Propósito 

Ribera entende a calidade coma unha parte fundamental da estratexia da organización orientada á consecución da excelencia operativa a través da mellora dos resultados de saúde, o incremento da satisfacción dos cidadáns ou outros axentes de interese e a sostibilidade do sistema. E como parte da estratexia, a calidade está presente en todos e cada un dos eidos fundamentais da organización.

Ribera define a estratexia de calidade de forma centralizada para logo adaptala de xeito local en cada unha das organizacións nas que ten responsabilidade de xestión, deste xeito, aposta por implantar un modelo de calidade transversal e estratéxico.

Ribera persigue crear unha organización centrada no usuario, que dispoña da tecnoloxía máis avanzada, integrada por uns profesionais altamente motivados e que xestione eficazmente os seus recursos.

Neste sentido, hai un equipo corporativo destinado a definir a estratexia global en materia de calidade. Devandito equipo complétase con líderes locais en cada un dos eidos de actuación.

Definición da política

Ribera define a excelencia coma o proceso polo que se xestiona unha organización de forma sobresaínte e se conseguen resultados, baseándose en 8 conceptos fundamentais: orientación ós resultados, centralidade do consumidor, liderado e constancia, xestión por procesos baseándose na evidencia, compromiso e desenvolvemento das persoas, aprendizaxe continuo, mellora e innovación, desenvolvemento de convenios e relacións e responsabilidade pública.

Partindo de esta base, Ribera defende un modelo de calidade total cuxos principios reitores serán os seguintes:

  • Promover a filosofía da misión da organización sanitaria integrada sempre co obxectivo de satisfacer as necesidades de saúde do xeito máis eficiente e eficaz posible.
  • Realzar, manter e mellorar continuamente a calidade baixo un modelo de calidade único e diferenciador.
  • Mellorar o enfoque preventivo de seguridade do paciente para mellorar o rendemento e dar seguimento das accións para asegurar que os resultados desexados se acaden e se manteñan.
  • Promover a comunicación e a transparencia; presentando informes de avaliación do desempeño dos departamentos á administración, usuarios/ cidadáns e profesionais
  • Promover medidas específicas para garantir a competencia dos profesionais a través de privilexios, acreditación, orientación, adestramento e formación continua.
  • Prover supervisión continua no eido ambiental, promovendo a mellora continua nesta materia.
  • Construír sistemas transversais para dar o mellor coidado ó cidadán ó longo de todo o proceso
  • Ser referentes en investigación e docencia, contribuíndo ós avances científicos e formando ós novos profesionais nunha contorna de alta competencia. 
  • Conseguir ser un referente nacional e internacional na xestión sanitaria.
  • Fidelizar á poboación grazas a unha experiencia satisfactoria
  • Apostar polo desenvolvemento tecnolóxico e a innovación orientada á mellora continua de procesos, produtos e servizos.
  • Potenciar as sinerxías en produtos, provedores e procesos de compra que garanten o control e a eficacia da xestión de compras, xerando un aforro importante de xeito directo en prezos de compra, e indirecto a través das reducións de custe de xestión.
  • Mellorar os procesos e servizos, optimizando recursos e aumentando o seu valor.
  • Acadar a viabilidade económica do proxecto como soporte imprescindible para desenvolver os puntos anteriores.
  • Cumprir con tódolos requisitos legais aplicables e outros que estableza a organización.

V7. Maio 2021.

POLITICA ENERXÉTICA

Propósito 

Ribera entende a xestión da enerxía como unha parte fundamental da estratexia da organización orientada á mellora da sostibilidade do sistema.

Ribera define a estratexia enerxética de xeito corporativo para logo adaptala de xeito local en cada unha das organizacións sanitarias nas que ten responsabilidade de xestión.

Os Hospitais son instalacións con elevado consumo enerxético debido á natureza da súa actividade, xa que funcionan 24h os 365 días do ano e é chave saber xestionar eficientemente os recursos. Por isto proponse coma reto mellorar a eficiencia enerxética, mellorando así a xestión económica e medio ambiental.

Neste sentido, Ribera manterá un equipo corporativo destinado a definir a estratexia global da organización. Este equipo completarase con líderes locais en cada un dos eidos de actuación.

Definición da política

Ribera comprométese coa súa política enerxética:

  • Cumprir cos requisitos legais e outros de aplicación en materia enerxética.
  • Establecer obxectivos e metas estratéxicas para mellorar a eficiencia enerxética.
  • Apoiar a adquisición de produtos e servizos enerxeticamente eficientes que teñan impacto sobre o desempeño enerxético.
  • Promover a mellora do deseño para un mellor desempeño enerxético.
  • Mellorar a competencia dos profesionais en uso responsable dos recursos enerxéticos.
  • Mellorar a sostibilidade e a xestión medio ambiental do sistema reducindo custes relacionados con consumos enerxéticos.
  • ● Proporcionar a información e os recursos necesarios para acadar os obxectivos e metas estratéxicas.

V7. Maio 2021.