Plasma rico en plaquetas

O plasma rico en plaquetas (PRP) é unha técnica pola cal se realiza extracción de sangue do propio paciente (procedimento similar a unha analítica), para centrifugala e separar o plasma rico en plaquetas, o cal será activado de maneira que estas plaquetas liberen o seus factores de crecemento.
Este concentrado inxéctase mediante múltiples punciones en coiro cabeludo, de forma que estos factores de crecemento aplicados localmente producen unha estimulación a nivel da raíz do pelo, que mellora o crecemento capilar e disminúe a súa caída.
É un procedimento que se realiza en consulta e non require preparación específica, podendo o paciente volver a súa actividade diaria ao salir da consulta. É lixeiramente doloroso pero en xeral tolerable, aunque nalgúns casos pode ser necesario o uso de anestésicos tópicos ou mecanismos de vibración para axudar a facelo menos molesto.
Dado que se trata dun procedimento no que se inxectan só componentes da propia sangue do paciente, podríamos realizalo sen ningún tipo de efecto sistémico, só local na zona de aplicación, podendo ser utilizado como alternativa en mulleres durante o embarazo cando están contraindicados a maior parte de tratamentos.