O servizo de Otorrinolaringoloxía de Ribera Povisa está composto por un equipo de especialistas cunha dilatada experiencia no abordaxe e tratamento de enfermidades de cabeza e pescozo.
Os nosos profesionais están dedicados ó diagnóstico e tratamento da patoloxía tanto benigna como maligna de cabeza e pescozo. A cirurxía trata as enfermidades da cabeza e o pescozo, excepto as relacionadas co cerebro e os ollos. Gran parte deste traballo, médico e cirúrxico, afecta a funcións sensoriais (oído, gusto, equilibrio, olfacto) e habilidades (voz, deglutición) que nos caracterizan coma seres humanos.
Ademais, grazas á dotación tecnolóxica de que dispoñemos, creáronse unidades específicas para cada tipo de problemas

Que enfermidades e alteracións tratan os otorrinolaringólogos de Ribera Povisa?
Oído (otoloxía / neurootoloxía)
A audición e o equilibrio son fundamentais para desenvolver a nosa vida diaria. Os especialistas en otorrinolaringoloxía tratan afeccións como infeccións de oído, perda de audición, mareos/vertixe/inestabilidade, zunidos nos oídos (acufenos), tumores da base do cranio (schwannomas do VIII par, paragangliomas), implantes auditivos (osteointegrados, activos de oído medio, coclear), etc.
Nariz (rinoloxía)
O noso nariz actúa coma un filtro para o aire que chega á vía aérea baixa. Quenta, limpa e humedece o aire. Facilita a respiración ó axudar a manter fora do aparato respiratorio a sucidade, os alérxenos e outros axentes potencialmente daniños. Ademais das alerxias, os especialistas en otorrinolaringoloxía tratan a rinite, a sinusite, as dores de cabeza de orixe nasosinusal e as xaquecas, a obstrución nasal, sangrados nasais, obstrución das vías lacrimais. As sinusite con pólipos nasais e os tumores da nariz, senos paranasais e parte anterior da base do cranio, etc.
Gorxa
Os trastornos que afectan á nosa capacidade para falar e tragar correctamente poden ter un impacto tremendo na nosa vida. Os especialistas en otorrinolaringoloxía tratan a dor de gorxa, a rouquén (alteracións da voz), a enfermidade por refluxo gastroesofáxico (ERGE), infeccións, tumores de gorxa (cavidade oral, farinxe, larinxe), trastornos das vías respiratorias, etc.
Cabeza e pescozo / tiroides
A cabeza e o pescozo inclúen algúns dos órganos máis importantes do noso organismo. Ademais dos cancros de cabeza e pescozo, os especialistas en otorrinolaringoloxía tratan os tumores e quistes do pescozo, a enfermidade de Graves (hipertiroidismo), o agrandamento da glándula tiroidea (bocio) e paratiroideas, glándulas salivares, etc.
Sono
Durmir ben é fundamental para ter unha óptima calidade de vida. Os especialistas en otorrinolaringoloxía tratan os trastornos respiratorios do sono, a obstrución nasal e das vías respiratorias, os ronquidos e a apnea do sono, etc.
Cirurxía plástica
Os otorrinolaringólogos especializados en cirurxía plástica facial tratan as deformidades nasais mediante a realización de rinoplastias e septorrinoplastias
Pediatría
A otorrinolaringoloxía trata os defectos conxénitos da cabeza e o pescozo, perda de audición, atraso na adquisición da linguaxe, infección de oído, infección de amígdalas e adenoides, problemas das vías respiratorias, asma e alerxias. Rehabilitación auditiva mediante implantes osteointegrados e cocleares.
Citas: 986 120 000
Localización: 2ª planta, Hospital Ribera Povisa
Responsable en
Vertixe e
Implantes auditivos
Responsable en
Cirurxía de pescozo e Disfaxia orofarinxea
Responsable en
Cirurxía de oído, Implantes auditivos e Oncoloxía
Responsable en
Roncopatía e
Vertixe
Responsable en
Disfaxia orofarinxea e
Oncoloxía
Responsable en
Voz e
Cirurxía de pescozo