A rehabilitación de ombro ten tres tipos de exercicios que tratamos de representar nos seguintes vídeos: para gañar mobilidade, para recuperar a forza e exercicios propioceptivos.
Non presentamos vídeos específicos por patoloxía ou lesión, senón que presentamos uns exercicios de uso común en todo tipo de patoloxía e vostede deberá atender ás recomendacións do seu médico ou fisioterapeuta para decidir o máis axeitado a súa capacidade ou a súa lesión.
1. Mobilidade
Amósase un vídeo con exercicios de mobilidade bastante completo, onde tratamos de recrear situacións de limitación articular e amosamos a contrarrestala.
2. Forza
Nos exercicios de forza hai un nivel I, composto por exercicios que se indican tras cirurxía de ombro o retirada de estribeira; e un nivel II, de progresión. Sempre é recomendable ver o vídeo de nivel I inda que teña capacidade para comezar directamente cos exercicios de nivel II
Nivel I
Nivel II
3. Propioceptivos
Os exercicios propioceptivos débense realizar cando os pacientes realicen os exercicios de mobilidade e de forza nivel II , sen incidencias. Son exercicios fundamentais para evitar recaídas, pois axudan a que o ombro saiba en todo momento como está colocado no espazo e estea en condicións de detectar posturas e movementos anómalos do ombro que podan danar a articulación.