Nocello-pé

As lesións de nocello ou pé son moi habituais nas consultas de Rehabilitación e nas salas de fisioterapia: fracturas, escordaduras, tendinite, fascite… son tratadas a diario. Nesta sección propoñemos unha serie de vídeos xerais de mobilización, forza e propiocepción así como de estiramentos e exercicios específicos por patoloxías.

Exercicios de mobilización

Son exercicios indicados en pacientes con limitacións para a mobilidade completa de nocello, pé ou dedas, independentemente da patoloxía.

Exercicios de forza

A inmobilización con escaiola ou ortese, a inflamación e a dor son factores que contribúen á perda de forza do nocello. Para garantir a correcta estabilidade do mesmo, debemos recuperar a forza de tódolos seus grupos musculares. Lle propoñemos unha serie de vídeos para isto.  

Exercicios propioceptivos

Son exercicios de equilibrio destinados a recuperar a sensibilidade posicional, que informa de como está o nocello situado no espazo. Una falta de recuperación da propiocepción pode desencadear en lesións de repetición. 

Estiramentos de nocello

Tratamos de amosar como se realizan os estiramentos dos músculos xemelgos e sóleo, recomendables despois de realizar practicamente Calquera actividade deportiva e evidentemente, ó finalizar os exercicios de forza, mobilización e propiocepción. 

Exercicios para a fascite plantar

Dada a alta prevalencia desta patoloxía na nosas consultas, recomendamos a realización desta serie de exercicios.