Medicina Familiar e Comunitaria

O Hospital Ribera POVISA ofrece dende hai anos a posibilidade de realizar a Residencia en Medicina Familiar e Comunitaria. En colaboración e coordinación coa Unidade Docente de Vigo, ó tratarse dun centro de terceiro nivel, os residentes teñen a facilidade de rotar polas especialidades médicas e cirúrxicas incluídas dentro do programa formativo.  Os pacientes proveñen das áreas sanitarias e Centros de saúde adscritos do servizo Galego de Saúde (SERGAS). De cara á formación do residente isto supón unha vantaxe formativa ó pechar o círculo asistencial podendo realizar a rotación por centro de saúde, Punto de Atención Continuada, rotacións hospitalarias médicas e cirúrxicas e Urxencias Hospitalarias dentro do mesmo sector de saúde, beneficiándose do coñecemento dos circuítos e as relacións que se establecen entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria, favorecendo a continuidade de coidados do paciente.

Dende o Hospital Ribera-Povisa enténdese que a formación dos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria non remata na súa labor asistencial. Como parte importante do grupo de residentes do Hospital, promóvese e facilítase a través da Comisión de Docencia a participación en sesións clínicas e cursos en igualdade de condicións cos residentes de outras especialidades. En esa liña este ano se púxose en marcha con gran implicación por parte dos residentes actuais do plan de “Urxencias 15/15”, sesións periódicas preparadas por os residentes de Medicina Familiar e Comunitaria, abertas a tódalas especialidades, para abordar o manexo da patoloxía máis prevalente en urxencias e presentación de casos clínicos reais que atenderan no servizo. 

O servizo de urxencias do Hospital Ribera POVISA atende aproximadamente 250-300 urxencias xerais en 24 horas.  Conta cunhas 80 persoas entre médicos adxuntos, enfermería, auxiliares de enfermería e celadores.  Ademais é o centro de referencia para o sur de Galicia en Unidade de Queimados, Cirurxía da Man e Cirurxía Maxilofacial, supoñendo a atención a estes pacientes un valor engadido que complementa a formación en urxencias dos Médicos de Familia, sobre todo de cara ó manexo desas patoloxías unha vez que rematen o seu período formativo e comecen a realizar asistencia ben en Atención Primaria, urxencias extrahospitalarias ou urxencias hospitalarias.

En xeral, o bo ambiente de traballo e a excelente colaboración entre os distintos servizos fai que ano tras ano se valore favorablemente ó Hospital Ribera POVISA como centro de formación en Medicina Familiar e Comunitaria. Se tes algunha dúbida o precisas máis información, non dubides en poñerte en contacto connosco a través do seguinte correo electrónico: secretaria.comision.docencia@povisa.es

Agardámosvos!

A sesión de portas abertas 2021 será o luns 24 de maio de 10 a 13, para acceder entra en esta ligazón