Instalacións

40000

m2

300

camas

1500

profesionais

Con máis de 40.000 m2, máis de 300 camas instaladas e máis de 1.500 profesionais, Ribera Povisa é o hospital privado máis grande de España.
Boa parte da súa actividade céntrase na atención ós máis de 130.000 pacientes da sanidade pública que ten asignados en virtude dun concerto co Servizo Galego de Saúde.
Anualmente, o hospital rexistra uns 20.000 ingresos, máis de 400.000 consultas e unhas 25.000 intervencións cirúrxicas.
No eido público, é referencia para o Sur de Galicia en Cirurxía Complexa do Membro Superior, Cirurxía do Nervio Periférico, Cirurxía Maxilofacial, Queimados, Cirurxía Plástica Infantil e Litotricia (esta derradeira so para a área de Vigo). Conta, ademais, cun servizo de urxencias as 24 horas recentemente renovado, con todas as especialidades e cos máis modernos sistemas de organización e diagnóstico.
Ribera Povisa é tamén o único hospital privado de Galicia que ten formación MIR para especialistas en Medicina Interna, Cirurxía Xeral, Anestesioloxía, Radioloxía, Traumatoloxía e Medicina Familiar e Comunitaria.
Neste eido da formación, considerado estratéxico pola dirección do grupo Ribera, conta tamén co Centro de Estudos Povisa con sede en Vigo e do que saen cada ano novos diplomados en Enfermería e Formación Profesional do eido sanitario.