O equipo de Rehabilitación de Povisa realizou estes vídeos educativos co obxectivo de poder mostrar a paciente e familiares como debe manexarse a un paciente que sufriu un ictus na cama, explicando como levanta-lo paciente, como desprazalo ou como deitalo correctamente.
Os vídeos realizáronse coa colaboración con pacientes reais, que se prestaron voluntariamente para poder acercar estas recomendacións ó domicilio de outros pacientes e familiares. Para facilitar a compresión, colocóuselle a cada paciente un pixama con dúas cores para identificar os movementos en función do lado san (lado gris do pixama) e o lado afectado polo ictus (lado granate do pixama).
Os vídeos educativos divídense en tres seccións:
- Manexo do paciente na cama.
- Como realizar as transferencias (de cadeira de rodas a cadeira normal ou como levantarse da cadeira).
- Como realizar as actividades de vida diaria básicas (AVD).
Manexo do paciente na cama
POSICIÓN EN CAMA: BOCA ARRIBA, SOBRE LADO PARALIZADO e SOBRE o LADO SAN
Nestes tres vídeos, o equipo de Rehabilitación de Povisa explica como colocar ó paciente para deitalo boca arriba (primeiro vídeo), sobre o lado paralizado do corpo (segundo vídeo), ou sobre o lado san (terceiro vídeo).
DESPRAZAMENTOS EN CAMA
Nestes tres vídeos, o equipo de Rehabilitación de Povisa explica como desprazar lateralmente a un paciente que sufriu un ictus (primeiro vídeo), e como darlle a volta na cama polo lado afecto (parte escura do pixama) e polo lado san (parte gris).
DEITADO-> SENTADO
Vídeos explicativos sobre como pasar de posición deitada a sentada nun paciente cun lado paralizado. No primeiro vídeo explícanse as manobras a realizar en caso de iniciar o cambio de postura dende o lado afectado polo ictus (parte escura do pixama), e no segundo como realizar o cambio dende o lado san (parte gris).
SENTADO -> DEITADO
Vídeos explicativos sobre como deitar a un paciente cun lado paralizado estando sentado. No primeiro vídeo explícanse as manobras a realizar en caso de iniciar o cambio de postura dende o lado afectado polo ictus (parte escura do pixama), e no segundo como realizar a manobra dende o lado san (parte gris).
Como realizar as transferencias
1. Corrección en cadeira.
2. Transferencias de cadeira a cadeira.
3. Paso de sentado a de pé.
4. Marcha.
Actividades de vida diaria básicas
Os nosos pacientes con ictus reciben fisioterapia para recuperar a mobilidade, a forza, a coordinación, a capacidade de marcha que perderon. E esta ganancia é fundamental para que os nosos terapeutas ocupacionais a convertan en funcionalidade. O noso obxectivo é que o paciente recupere a súa autonomía persoal o antes posible e o primeiro paso é o de adestrar as actividades básicas da nosa vida diaria, coma o vestido e o aseo. Presentamos estes vídeos para que os nosos pacientes ou outros podan, xunto ós seus coidadores, adestrar estas actividades no seu domicilio.
Como realizar as actividades de vida diaria básicas (AVD).
Poñerse o suxeitador
Poñerse o pantalón
Poñerse o xersei
Poñerse a chaqueta
Calzarse
Poñerse os calcetíns
Aseo do membro superior
Aseo do tronco