Guía do Paciente

Consentimento informado

O benestar dos nosos pacientes e as súas familias son a prioridade para os nosos profesionais.

Para nós, cada paciente é único. E por ese motivo, adaptámonos as súas necesidades e prioridades para garantir que recibe, en todo momento, unha excelente atención sanitaria e o mellor trato persoal.

En esta sección pódese descargar unha completa Guía do paciente, pero a continuación resumimos algúns puntos destacados.

Información médica

Toda a información médica que precise seralle facilitada polo médico que asume a responsabilidade da súa atención. Para garantir o seu dereito á confidencialidade, o médico informará unicamente ás persoas que vostede designe.

A enfermeira pódelle dar información sobre os coidados que se lle están a realizar. Como criterio xeral, non se facilitará información telefónica debido á necesidade de gardar a confidencialidade do proceso clínico de cada paciente.

O punto 1 do artigo 4 da Lei 41/2002 de 14 de novembro, de Autonomía do paciente, dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, sinala literalmente que “os pacientes teñen dereito a coñecer, con motivo de calquera actuación no eido da súa saúde, toda a información dispoñible sobre a mesma, salvando os supostos exceptuados pola Lei. ademais, toda persoa ten dereito a que se respecte a súa vontade de non ser informada…”.

Consentimento informado

Toda actuación no eido da saúde de un paciente necesita o consentimento libre e voluntario do afectado, unha vez recibida a información prevista e despois de que se valoren as opcións propias do caso. A información, que como regra xeral se proporcionará verbalmente, deixando constancia na historia clínica, comprende como mínimo a finalidade e a natureza de cada intervención, os seus riscos e as súas consecuencias.

O artigo 8 da Lei 41/2002 especifica que para poder realizar calquera intervención cirúrxica o determinadas exploracións, é necesario o consentimento escrito do paciente. Para isto, o seu médico explicaralle en que consiste a intervención ou exploración á que vai a ser sometido, para que se lle vai a realizar, cales son os riscos e cales os beneficios esperados para a súa saúde. Entregaráselle unha folla informativa sobre todos estes aspectos, que deberá ler con atención e asinar (paciente ou representante legal) para que a intervención ou exploración poda efectuarse.

Ante calquera dúbida que lle xurda, pódese dirixir ó médico que lle atende para que lla aclare.

Participe no seu coidado

O modelo de saúde responsable de tódolos hospitais do grupo Ribera implica ó paciente en todo o circuíto que se habilita para a súa atención.

Por iso, aconsellámoslle que fale co seu médico e coa súa enfermeira acerca do seu tratamento. Asegúrese de entender o que lle están a explicar e estar de acordo en todo. Non teña medo en volver a preguntar algo se non o entendeu completamente ou ten dúbidas.

En ocasións, recibirá moita información ó mesmo tempo, o que pode dificultar a súa comprensión ou xerarlle incerteza. Quizais desexe contar co acompañamento dun familiar durante a explicación dun tratamento, coidados, diagnóstico ou resultados dunha proba. Fáganolo saber. Se é posible, designe a un familiar para que fale cos médicos en caso de necesidade. Esta persoa poderá despois informar ó resto de familiares, se vostede o desexa.

Dereitos da nai lactante

O ingreso dunha nai lactante que desexe manter a lactación materna levará consigo o acompañamento do bebé durante a súa estancia hospitalaria, se así o desexa e sempre que non exista ningunha contraindicación por parte do médico responsable.

Pola súa seguridade

No momento do ingreso se lle entregarán as Instrucións de Seguridade do Paciente. Por favor, rogámoslle que as lea atentamente e siga as pautas aconselladas.

Manteña unha boa hixiene persoal. É necesaria para manter a saúde e as normas de convivencia. Se necesita información ou axuda, consulte ó persoal de Enfermería.

O lavado de mans é a medida hixiénica máis efectiva para previr as infeccións hospitalarias. Lávese as mans con frecuencia e lembre ás visitas que fagan o mesmo.

Prevención de caídas

Para a prevención de caídas, debe dispoñer de:

cama freada, varandas laterais de protección, timbre de chamada ó alcance, e corredores despexados.