Recomendacións para pacientes operados da cadeira
Recomendacións da Unidade de Calidade de Povisa dirixidas a pacientes operados de cadeira e ós seus familiares. Podes acceder aquí á guía básica onde se amplía a información sobre a preparación para a cirurxía, a súa hospitalización e posterior alta.
Programa de axuda no coidado do estoma
Recomendacións para o coidado do estoma, dirixido a pacientes que sexan portadores dunha colostomía ou unha ileostomía. Consellos do fabricante e de pacientes portadores dos dispositivos.
Recomendacións para a prevención de caídas en pacientes hospitalizados con risco de caída
Este vídeo está dirixido a aqueles pacientes que, pola súa patoloxía o pola medicación que toman, teñen identificado o risco de caída. Consiste en recomendacións, tanto para o hospital coma para a súa casa, que minimizan este risco.
Recomendacións para a correcta administración da heparina
Recomendacións para a correcta administración da heparina de Baixo Peso Molecular, dirixidas a pacientes que cursan alta con indicación de heparina subcutánea.
Prevención de infeccións a través do correcto lavado de mans
Recomendacións para un correcto lavado de mans con solución hidroalcohólica, dirixido a tódolos pacientes e familiares.
Recomendación sobre o uso e manexo dos inhaladores
Recomendacións sobre o uso e manexo dos inhaladores, dirixidas a pacientes que durante o ingreso ou na alta teñen indicación de este medicamento.
Listado de recomendacións.
● Manexo do Cartucho Presurizado (Ventolin, Atrovent)
● Manexo de inhalador Accuhale (Seretide)
● Manexo de inhalador Turbuhaler (Terbasmin, Pulmicort, Symbicort)
● Manexo do inhalador Polvo Seco unidose (Spiriva)
● Manexo de Cámaras de inhalación
Precaucións de transmisión por contacto
Precaucións que se deben tomar para evitar a transmisión por contacto, dirixidas a pacientes que durante o ingreso son portadores de xermes multirresistentes que requiren medidas especiais.