Dereitos e deberes

Deberes do paciente

Toda persoa que acude a un Centro Hospitalario en demanda de Atención Médica debe coñecer os Deberes que lle obrigan no momento de solicitar esta atención.

HOSPITAL POVISA, Sociedade Anónima, en cumprimento da Lei 14/86 Xeral de Sanidade, Lei Galega 3/2001 sobre o Consentimento Informado e a Historia Clínica, así como da Lei 3/2005 que a modifica, da Lei Estatal 41/2002 do Consentimento Informado e da Historia Clínica e da Lei 8/2008 de saúde de Galicia, e Regulamento 2016/679, de 27 de abril, Xeral de Protección de Datos, infórmalle sobre os dereitos e deberes do paciente que acude a este hospital, e que veñen recollidos nas disposicións que se citan

-Coidar as instalacións e colaborar no mantemento da habitabilidade das institucións sanitarias.
-Responsabilizarse do uso axeitado das prestacións ofrecidas polo sistema sanitario.
-Facer constar, no seu caso por escrito, a súa negativa ó tratamento proposto polo hospital,así como asinar a alta voluntaria que lle presentará o hospital ante esta negativa.
-Facilitar os datos sobre o seu estado físico o sobre a súa saúde de xeito leal e verdadeira, colaborando co persoal médico na súa atención.
-Aceptar a alta cando termine o seu proceso asistencial, cando se comprobe que a situación clínica do/a paciente non melloraría prolongando a súa estancia, ou cando a complexidade do proceso aconselle o seu traslado a un centro de referencia.
-Deixar constancia por escrito, no seu caso, da negativa a ser informado.

Dereitos do paciente

Toda persoa que acude a un centro hospitalario en demanda de atención médica debe coñecer os dereitos que lle amparan no momento de solicitar esta atención.

HOSPITAL POVISA, Sociedade Anónima, en cumprimento da Lei 14/86 Xeral de Sanidade, Lei Galega 3/2001 sobre o Consentimento Informado e a Historia Clínica, así como da Lei 3/2005 que a modifica, da Lei Estatal 41/2002 do Consentimento Informado e da Historia Clínica e da Lei 8/2008 de saúde de Galicia, e Regulamento 2016/679, de 27 de abril, Xeral de Protección de Datos, infórmalle sobre os dereitos e deberes do paciente que acude a este hospital, e que veñen recollidos nas disposicións que se citan.

-Respecto á súa personalidade, dignidade humana e intimidade.
-Información sobre os servizos sanitarios, ós que pode acceder e sobre os requisitos necesarios para o seu uso.
-Confidencialidade de toda a información relacionada co seu proceso e coa súa estancia en institucións sanitarias públicas e privadas que colaboren co sistema público.
-Ser advertido de se os procedementos de prognóstico, diagnóstico e terapéuticos que se lle apliquen poden ser utilizados en función dun proxecto docente o de investigación, que en ningún caso poderá comportar perigo adicional para a súa saúde.
-A que se lle asigne un médico, cuxo nome se lle dará a coñecer, que será o seu interlocutor principal co equipo asistencial. En caso de ausencia, outro facultativo do equipo asumirá tal responsabilidade.
-A utilizar as vías de reclamación e de proposta de suxestións nos prazos previstos. Nun ou noutro caso deberá recibir resposta por escrito nos prazos que regulamentariamente se establezan.
-Á libre elección de médico e os demais sanitarios titulados, de acordo coas condicións contempladas na Lexislación sanitaria vixente. A que se lle subministren os medicamentos ou produtos sanitarios que se consideren necesarios para promover, conservar ou restablecer a súa saúde, nos termos que regulamentariamente se establezan pola Administración do Estado ou Autonómica.
-A decidir libremente, despois de recibir a información axeitada, entre as opcións clínicas dispoñibles e a negarse ó tratamento excepto nos casos determinados na Lei, debendo facer constar esta negativa por escrito.
-A coñecer, con motivo de calquera actuación no eido da súa saúde, toda a información dispoñible sobre a mesma, salvando os supostos exceptuados pola Lei e a que se lle respecte o dereito a non ser informado.
-O dereito á información sanitaria descrita no punto anterior pódese limitar pola existencia acreditada dun estado de necesidade terapéutica. Entenderase por necesidade terapéutica a facultade do médico para actuar profesionalmente sen informar antes ó paciente cando por razóns obxectivas ou coñecemento da súa propia situación poda prexudicar a súa saúde de xeito grave, deixando constancia de esta circunstancia na historia clínica e comunicando a súa decisión a persoas vencelladas ó paciente.
-Á libre elección entre as opcións que se lle presenten, sendo preciso o consentimento
libre e voluntario do paciente, que será verbal por regra xeral e prestarase por escrito nos casos seguintes: intervención cirúrxica, procedementos diagnósticos e terapéuticos invasores e, en xeral, aplicación de procedementos que supoñen riscos o inconvenientes de notoria e previsible repercusión negativa sobre a saúde do paciente. Non será preciso o consentimento informado cando exista un risco para a saúde pública, e cando exista un risco inmediato grave para a integridade física o psíquica do enfermo e non sexa posible consegui-la súa autorización, debendo consultarse cando as circunstancias o permitan, ós seus familiares ou ás persoas vencelladas de feito a el.
-A que quede constancia por escrito de todo o seu proceso e que unha vez finalizado este, se lle entregue un informe de alta.
-A que se lle faciliten os certificados acreditativos do seu estado de saúde

Todo o persoal do Hospital Ribera Povisa viste o uniforme oficial e leva tarxetas de identificación. O noso centro está acreditado para formación universitaria, por illo, poderán intervir debidamente tutelados na súa asistencia: alumnos en prácticas das Escolas de Enfermería e Médicos Internos Residentes (MIR), en desenvolvemento formativo da súa respectiva especialidade.

-Coidar as instalacións e colaborar no mantemento da habitabilidade das institucións sanitarias.
-Responsabilizarse do uso axeitado das prestacións ofrecidas polo sistema sanitario.
-Facer constar, no seu caso por escrito, a súa negativa ó tratamento proposto polo hospital,así como asinar a alta voluntaria que lle presentará o hospital ante esta negativa.
-Facilitar os datos sobre o seu estado físico o sobre a súa saúde de xeito leal e verdadeira, colaborando co persoal médico na súa atención.
-Aceptar a alta cando termine o seu proceso asistencial, cando se comprobe que a situación clínica do/a paciente non melloraría prolongando a súa estancia, ou cando a complexidade do proceso aconselle o seu traslado a un centro de referencia.
-Deixar constancia por escrito, no seu caso, da negativa a ser informado.