Covid

A infección polo coronavirus COVID-19 provoca nos máis dos pacientes síntomas similares ós dun proceso gripal. Sen embargo, outros pacientes amosan cadros respiratorios por pneumonía de diferente severidade; algúns precisan ser ingresados en UCI, outros nunha planta de hospitalización e outros permanecerán nas súas casas illados.

Co paso dos días, os profesionais médicos de diferentes especialidades, comprobamos coma o virus afecta a outros órganos como a pel, os riles, o cerebro… e o músculo. Algúns pacientes acaban desenvolvendo cadros de debilidade muscular moi severa, que nalgúns casos os inhabilita completamente. Por iso, dende o servizo de Rehabilitación do hospital POVISA, elaboramos uns vídeos para mellorar as funcións respiratoria e muscular dos pacientes infectados sintomáticos, para que realicen nos seus domicilios, sexan pacientes que precisaron ser ingresados ou que permaneceron nas súas casas dende o inicio.

Exercicios respiratorios

Exercicios de reeducación funcional