A disfaxia corresponde a unha “sensación de dificultade no avance da comida dende a boca ó estómago” dada por unha alteración en algunha das catro etapas da deglutición. A súa prevalencia na poboación xeral é de un 6-9% e asóciase a complicacións como pneumonía aspirativa, desnutrición, deshidratación e obstrución da vía aérea. A disfaxia orofarínxea é especialmente prevalente en maiores de 75 anos, en pacientes neurolóxicos e en aqueles que requiriron unha instrumentación da súa vía aérea (intubación orotraqueal e/ou traqueostomía). O manexo dos pacientes con trastornos da deglutición orofaríngea é multidisciplinario. Os obxectivos da avaliación dun paciente con disfaxia orofarínxea son:
1) Avaliar a integridade funcional da deglutición orofarínxea.
2) Identificar a presenza de causas estruturais ou mecánicas de disfaxia.
3) Avaliar o risco de aspiración e a seguridade de alimentar ó paciente por vía oral.
4) Determinar se o patrón de disfaxia é tratable e, de ser así, avaliar a eficacia dos tratamentos.
A nosa consulta de disfaxia leva en funcionamento dende hai máis de 5 anos. Nesta consulta realízase unha videoendoscopia de deglutición cun fibroendoscopio flexible. Trátase dun procedemento seguro e ben tolerado cunha duración aproximada de 20 minutos. O paciente é estudado con diversas consistencias de alimentos en volumes progresivos, debéndose realizar avaliacións repetidas para comprobar a presenza de aspiración. Esta consulta está indicada unicamente para o diagnóstico da disfaxia. O tratamento faise dende logopedia.
A disfaxia orofarínxea defínese como a dificultade para levar o bolo alimenticio dende a boca ata o esófago. Estes trastornos repercuten sobre a nutrición e a hidratación e poden producir broncoaspiracións (paso de alimento, saliva ou líquido á vía respiratoria) que poden comprometer o aparato respiratorio con infeccións e pneumonías de diferente severidade. A tose durante as comidas, adoita ser unha sinal de alerta. Este trastorno da deglutición, pódese producir como unha secuela dunha gran variedade de enfermidades agudas ou crónicas.
Se cres que podes ter vertixes a algún tipo de patoloxía relacionada, consulta co noso equipo médico.
Citas: 986 120 000
localización: 2ª planta, Hospital Ribera Povisa
Responsable en diagnóstico de disfagia
Responsable en diagnóstico de disfagia