Consulta da voz

A consulta de voz está orientada a pacientes con problemas persistentes de voz cando, tras unha valoración inicial, non existe un diagnóstico que explique o seu problema ou o tratamento non dera resultado. Baséase na realización dunha laringoestroboscopia, que permite visualizar a vibración das cordas vocais e diagnosticar lesións que no verían de outra forma.

Que tipo de pacientes poden estar interesados? Está indicada para o seguimento de leucoplasias larínxeas, que son lesións que poden chegar a volverse malignas. Tras esta consulta moitos pacientes son derivados ó servizo de rehabilitación para tratamento logopédico.

Moitos pacientes padecen disfonía funcional, relacionada coa súa profesión, que produce unha sobrecarga vocal mantida, coa aparición de lesións exsudativas (nódulos, pólipos larínxeos) tamén se realizan unhas medicións sobre a severidade e intensidade da disfonía e unha anamnese minuciosa co fin de chegar a un diagnóstico máis exacto.

Considérase que hai un trastorno da voz cando o seu timbre, ton, intensidade ou flexibilidade difiren dos das voces das demais persoas do mesmo sexo, idade e grupo cultural. A alteración da voz pódese interpretar coma un signo de enfermidade, coma un síntoma de enfermidade ou coma un mero trastorno da comunicación.

Se cres que podes ter vertixes a algún tipo de patoloxía relacionada, consulta co noso equipo médico.

Citas: 986 120 000
Localización: 2ª planta, Hospital Ribera Povisa

Susana Pazo Irazu Nehme Paz

Doctora Susana Pazo Irazu

Otorrinolaringólogo

Responsable en
consulta da voz