Os dores de costas, sobre todo os de pescozo e zona lumbar, son moi frecuentes na poboación e son uns dos principais motivos de consulta non só nas consultas de Rehabilitación, senón de Atención Primaria. O 80% da poboación terá, en algún momento da súa vida, dor de costas. Presentamos unha serie de vídeos para a rehabilitación da columna cervical e columna lumbar.
Columna cervical
Exercicios de flexibilidade do pescozo
Enfocados a manter o recuperar a flexibilidade do pescozo.
Exercicios de forza de pescozo
Enfocados a recuperar a forza do pescozo.
Exercicios propioceptivos do pescozo
Permitirán corrixir malas posturas e potenciar os estabilizadores de pescozo.
Columna lumbar
Exercicios de flexibilidade lumbar
Enfocados a mellorar a flexibilidade lumbar.
Exercicios de tonificación abdominolumbar
É moi importante manter a nosa faixa lumbar e abdominal fisiolóxica en forma para evitar cadros de dor crónica.
Estiramentos de musculatura lumbar e pelviana e automasaxe
Os estiramentos musculares contribuirán a mellorar a flexibilidade e evitar contracturas persistentes.