Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo

O servizo de Cirurxía Xeral do Hospital Ribera Povisa de Vigo está formado por 14 adxuntos e 4 residentes. Parece un tópico, pero o noso ambiente de traballo é realmente excepcional e convidámosvos a coñecelo de primeira man.

O Hospital onde traballamos conta con máis de 350 camas en funcionamento, 17 de elas de UCI e está dotado con tódalas especialidades cirúrxicas, salvo cirurxía cardíaca, o que facilita o coñecemento multidisciplinar que nosa especialidade require.

Acollemos residentes dende hai 11 anos, un cada ano, o que fai que a competencia entre eles sexa mínima, por haber volume suficiente tanto de patoloxía como de quirófanos.

O servizo está estruturado nas seguintes seccións:

– Cirurxía Colorrectal, onde se realizan todo tipo de cirurxías colorrectais, oncolóxicas e no oncolóxicas, laparoscópica e transanal, proctoloxía avanzada, etc.

– Cirurxía Hepatobiliopancreática, con reseccións pancreáticas e hepáticas laparoscópicas, vía biliar e implementación de colecistectomías laparoscópicas en CMA.

– Unidade de Mama (conxunta con Xinecoloxía e Cirurxía Plástica), que realiza cirurxía oncoplástica avanzada ou cirurxía reconstrutiva con graxa autóloga.

– Cirurxía Esofagogástrica e Metabólica, que realiza cirurxía laparoscópica da obesidade, cirurxía oncolóxica gástrica e esofáxica laparoscópica e todo tipo de cirurxía de patoloxía benigna.

– Unidade de Parede Abdominal, onde destaca a cirurxía laparoscópica da hernia inguinal (TAPP) e técnicas avanzadas como a separación de compoñentes (bótox, pneumoperitoneo…).

– Cirurxía Endócrina, destacando a cirurxía paratiroidea e tiroidea.

 Semanalmente temos programados 20 quirófanos das seccións anteriormente descritas. Estes quirófanos non son só de mañá, senón que existen varias quendas de tarde diarias fixas, salvo os venres. Os nosos quirófanos atópanse dotados de tecnoloxía e material á vangarda da innovación. A día de hoxe, non dispoñemos de robot.

A formación dun residente de Cirurxía Xeral non se cingue unicamente ó quirófano. Semanalmente realízanse 13 consultas, divididas en Coloproctoloxía, Cirurxía Xeral e Unidade de mama. Ademais, dous días á semana realízase unha consulta específica de Enfermería de Ostomías e guía RICA, para o seguimento de tódolos pacientes portadores dun estoma por un lado e entrega de instrucións e seguimento de tódolos pacientes ós que se lles aplicou o programa de Rehabilitación multimodal por outro. Así mesmo, os venres pola mañá existe unha consulta de técnicas de Coloproctoloxía, onde se realizan procedementos como ecografías e manometrías endoanais, colocación de bandas para hemorroides o dispositivos de neuroestimulación para pacientes con incontinencia.

Con respecto ás gardas, realizamos gardas presenciais de 24h, estando outro cirurxián do servizo de chamada telefónica (garda localizada). O residente realizará 5-6 gardas ó mes e sempre acompañado polo cirurxián presente no hospital.

Se tes calquera dúbida ou suxestión contacta en secretaria.comision.docencia@povisa.es

A sesión de portas abertas 2021 será o luns 24 de maio de 10 a 13, para acceder entra en esta ligazón