O servizo de Anestesia do Hospital Ribera Povisa de Vigo está formado por 30 adxuntos e 4 residentes. O hospital está dotado con practicamente tódalas especialidades cirúrxicas, o que é moi importante na formación continuada da nosa especialidade. Trátase dun hospital coa acreditación Joint Comission International dende o ano 2013.
O servizo de Anestesia conta cunha longa traxectoria na actividade docente de residentes de Anestesia e estudantes de Medicina, nos últimos anos recibimos de forma anual estudantes de diferentes países europeos ademais dos da Universidade de Santiago de Compostela.
A labor do servizo de Anestesia non se cingue unicamente ó intraoperatorio se non que realizamos medicina perioperatoria, de forma que intentamos optimizar a situación clínica dos nosos pacientes xa dende o período preoperatorio, para que cheguen a quirófano nas mellores condicións posibles. Participamos activamente no período postoperatorio xa que o servizo de Anestesia é o responsable da Unidade de Coidados Intensivos. Trátase dunha UCI polivalente e multidisciplinar, con patoloxías tanto médicas como cirúrxicas.
A actividade cirúrxica repártese en 15 quirófanos programados en horario tanto de mañá como de tarde. Gran cantidade de cirurxías realízanse con carácter ambulatorio. Ademais realízanse múltiples procedementos con anestesia fora de quirófano, onde damos asistencia a diferentes especialidades (Radioloxía, Dixestivo, Cirurxía Vascular, Cardioloxía, Pneumoloxía…).
Contamos cunha importante Unidade de dor Crónica onde realízanse tanto as Consultas de dor para diagnóstico, tratamento e seguimento; como quirófano de dor para a abordaxe de técnicas e bloqueos para tratamento da dor crónica.
A xornada diaria comeza cunha sesión de pase de garda de pacientes ingresados na UCI , continúa coa labor asistencial que se reparte nos diferentes quirófanos, UCI e URPA; procedementos fora de quirófano, consultas preoperatorias ambulatorias e de ingresados, consulta de dor Crónica, visita postoperatoria e control de dor aguda. A formación do residente divídese en varias rotacións que abranguen toda a actividade do servizo.
Realízanse semanalmente, unha sesión de servizo, unha sesión de residentes, sesións de Eventos Adversos e sesión de reavaliación de pacientes, ademais quincenalmente se dan sesións xerais para todo o hospital.
Realízanse gardas de 24h, en quirófano de urxencias e en UCI. O residente realiza 4-5 gardas ó mes e está sempre acompañado por 1 adxunto en quirófano e 2 en UCI.
Calquera dúbida ou comentario, por favor, escribide a secretaria.comision.docencia@povisa.es
A sesión de portas abertas 2021 será o luns 24 de maio de 10 a 13, para acceder entra en esta ligazón